alberto ardid
  • cv / bio
  • contacto
  • .
  • 00:00
  • A túa época
  • Obra interactiva: NON TOCAR
  • Informes
  • Gravidade
  • Autoría colectiva
  • Sutura
  • Forever Young
  • gl
  • es
  • en

Peana
2018
Escultura-Instalación
169x32x32cm

Dúas peanas do mesmo tamaño (84x30x30cm). Unha sobre a outra.
A de enriba cortada perfectamente, ensamblada con cola e reforzada con escuadras interiores; pintada con varias capas de branco puro e imprimación sintética. A de abaixo cortada sen regra, fixada con parafusos mal colocados, e pintada cunha soa capa dun xeito moi ruín. Esta exerce de peana do que sería a obra: a peana estándar, pero que á súa vez todo o conxunto é a obra. Polo tanto, cal é a peana? Existe?
Estas pezas sitúanse nas marxes da arte, outorgando aos elementos auxiliares o protagonismo e o valor da propia obra de arte.

 

 

Cadro para marco
2018

Grafito sobre táboa de madeira circunscrita a un marco de madeira.
Seguindo a liña da peza anterior e traballando nas marxes dos elementos auxiliares, esta creación dase a partir dun marco atopado na rúa, que nun principio ‘obrigaría’ a reutilizalo cunha obra que se adaptase ás súas propias medidas.

O interior, ou peza auxiliar neste caso, é un ovoide de madeira imprimado en branco e circunscrito ás medidas do marco.
Por moito que o contido ‘pretenda ir por libre’ cunha forma diferente á rectangular, esta seguirá estando sometida ao tamaño asignado. De aí a sinalización imposta que marca o camiño preestablecido.

Á dereita, Bastidor para bastidor (2019)

 

Celebración
2018

Técnica Mixta dunha expansión mental e física de 78x62cm que fai parecer normal o subrealista, ao asumir todos os elementos do marco o comportamento establecido por unha barra de cortina de ducha máis grande que o propio marco.

 

Aproximación á nada
2018
Videoinstalación

Gravación da retroalimentación xerada ao conectar a cámara de video e o monitor de televisión, á súa vez proxectada cun proxector sobre outro proxector.

As imaxes mostran formas moi estrañas orixinadas entre estes dous campos magnéticos. É unha aproximación ao interior destas dúas dimensións nun terrreo intermedio e polo xeral descoñecido, pero que a ciencia é capaz de interpretar perfectamente.
Pola contra, os estudosos dos fenómenos paranormais aseguran que é precisamente nese ‘terreo de ninguén’ catódico onde aparecen as chamadas psicoimaxes (+info). Nesta proxección non aparece nada diso, só formas suxerentes e curiosas que se moven a gran velocidade, así como a miña propia man ao entrar en plano. O vídeo está proxectado sobre un outro proxector que exerce de pantalla receptora, para así completar o circuíto discursivo e estético entre o misterioso, o irónico, e o científico.