alberto ardid
  • cv / bio
  • contacto
  • .
  • 00:00
  • A túa época
  • Obra interactiva: NON TOCAR
  • Informes
  • Gravidade
  • Autoría colectiva
  • Elementos auxiliares
  • Sutura
  • Apuntes para Sutura
  • Nova riqueza
  • Para sempre
  • Forever Young
  • Carmeliña
  • gl
  • es
  • en

          

Autoría colectiva (2019) é unha pintura asinada por todas as persoas que participaron do proceso. Como acontece no cine, onde ata o traballo máis auxiliar ten a súa cota de recoñecemento nos títulos de crédito, nesta peza, os oficios que foron precisos para que o da pintura fose posible, reciben a súa respectiva consideración. Así, están presentes os creadores da pintura, dos pinceis, do lenzo…

A obra reivindica, deste xeito, unha autoría coral, un traballo en equipo lonxe do ideal romántico (e tan reacionario como atraínte) de artista, que non é un xenio aillado da sociedade. Debemos acabar coa idea individualista da creación. Deus non existe.

Na fotografía, feita no meu taller, aparece unha cadeira baleira á espera do espectador, parte última do proceso e que sen el, nada tería sentido.
Sirva este símbolo como reivindicación.

Imaxe publicada no catálogo Tantas Imaxes IV – O obradoiro I editado polo Espazo Cubo no que saio xunto a Pilar Alonso, Thomas Apostolou, Pepe Cáccamo, Yolanda Dorda, Cynthia Fusillo, Nuria Lago, Menchu Lamas, Sana López Abellán, María Maquieira, Xosé Luís Otero, Antón Patiño ou Christian Villamide.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A peza foi exposta na mostra Un martillo, dos martillos comisariada por Tayone na Maison Ruina. Vigo, decembro de 2019.