alberto ardid
  • cv / bio
  • contacto
  • .
  • 00:00
  • A túa época
  • Obra interactiva: NON TOCAR
  • Informes
  • Gravidade
  • Autoría colectiva
  • Sutura
  • Forever Young
  • gl
  • es
  • en

Carmeliña

10/12/2014 admin fotonovela

← A traizón das cores A Boia nº 17 →
  • vk_standard_hide: off
  • vk_gallery_hide: off
  • vk_gallery: stacked

A fotonovela narra os sucesos que aconteceron nun día da vida de Carmeliña, unha moza de vintecinco anos que non ten noticias do seu home desde hai moito tempo… A historia está inmersa no conflito social xurdido a finais dos anos 70 en Galicia, no intre en que os primeiros nudistas empezan a chegar á praia de Barra. Tanto o guión como as imaxes misturan sucesos reais e documentados con tratamentos ficticios e desnaturalizados.  Cómpre destacar que Carmeliña é a primeira fotonovela editada en lingua galega da historia.

 

O proxecto foi levado a cabo grazas a unha axuda da Xunta de Galicia dentro do programa Iniciativa Xove.

É mencionada para o seu estudo no libro de texto de Lingua e Literatura Galega da Editorial Anaya do curso 2016-2017

Pódese ler online na web

E escoitar a entrevista na Radio Galega

 

Un avance:

 

Carmeliña colleitou moi boas críticas, entre elas, cabe destacar a de Xosé Luís Méndez Ferrín no Faro de Vigo:

Fotonovela

Hai moitos anos, cando se puxera de moda en Italia o ¨fotoromanzo” de carácter máis ben romántico e de ambicións estéticas escasas, concebín, fugazmente, a posibilidade de que o xénero poidese ser recreado en galego con intención política, social e narrativa alta. No meu caso, non pasou dun soño. Por iso éncherne de satisfacción o libro Carmeliña, subtitulado “Unha fotonovela de Alberto Ardid”. Esta obra, de exeelente maquetación, fotografía, deseño, interpretación actorial, representa, despois de anos coma area, a materialización daquel meu soño. Non vou revelar eiquí o argumento, madialeva. Trátase dunha durísima estoria de abandono e emigración ambientada en certo Morrazo. Aquel,digamos Nerga,Viñó,Barra,no que a agricultura se combina coa pesca de chalana e onde son protagonistas contemporáneos os bañistas que prefiren calcar a praia en coiros. Nun presente sen concesións á nostalxia, unha muller nova e soa sente que a súa vida racha. A novela non permite que fagamos unha pausa na lectura-visionado. Aprehéndenose obriganos. Finalmente, como ocorre só nos contos maxistrais, un primeiro plano déixanos amargor e manda que o lector-espectador complete os sucesos narrativos, xa fora da fotonovela.

X. L. Méndez Ferrín

reseña_carmeliña_alberto_ardid

 

Se queres saber máis de Carmeliña odes visitar a páxina e o facebook.